Paso un
Sementeira e Arriga
O liño seméntase nos meses de abril ou maio e recóllese cando a bagaña está ben dourada, arrincándoo de raíz.
Paso un
O liño seméntase nos meses de abril ou maio e recóllese cando a bagaña está ben dourada, arrincándoo de raíz.
Paso dous
Consiste en pasar a planta do liño entre os dentes dun ripo para separar a bagaña do talo.
Paso tres
Os feixes de liño métense nunha poza con auga durante varios días e posteriormente, colócanse ao sol hasta que sequen.
Paso catro
Cunha maza danse golpes no talo do liño para romper as partes leñosas.
Paso cinco
Consiste en frotar o liño coas mans para que as partes mais grosas rompan con maior facilidade.
Paso seis
Coa axuda dunha espadela e un espadaleiro tiraranse os tascos do liño deixándoo mais limpo.
Paso sete
Consiste en pasar o liño polo peite de asedar para rematar de limpalo dos tascos e deixalo pronto para fiar.
Paso oito
Coa axuda dunha roca e un fuso, que se vai xirando nas mans, obterase o fío do liño.
Paso nove
Colócase o fío no sarillo e a vez que este vai xirando vanse facendo as meadas.
Paso dez
Lávanse as meadas, cócense e póñense a clareo, hasta conseguir que queden ben brancas.
Paso once
Colócanse as meadas na debadoira e a vez que esta xira, iranse facendo os nobelos de fío.
Paso doce
Despois de montar o tear poderase comezar a tecer todo tipo de pezas co liño obtido.