O trigo e o centeo

O trigo e o centeo son cultivos que se empregaban moito en Galicia para alimento dos animais e elaboración de pan.

A fariña

A fariña para elaborar o pan obtíñase tras moer o grao nos muiños que había en algunhas aldeas.

O pan

As fornadas de pan facíanse aproximadamente cada 15 días nos fornos das aldeas, que servían a todos os veciños/as.


Fornadas tradicionais

Se hai unha cousa que nos gusta aos galegos e galegas é a boa comida, e nunha boa comida nunca pode faltar un bo pan! Por iso, na Arracada, xuntámonos varias veces ao ano para facer unha fornada de pan ao estilo tradicional. Grazas as boas mañas das nosas mulleres amasamos, quentamos o forno e cocemos, para despois engadir un pouco de churrasco e desfrutar dunha comida marabillosa.

Maruja, Isabel, Marosi e Ramón metendo o pan no forno

Celebracións de ocasións especiais

A maiores, durante o ano tamén nos xuntamos para conmemorar ocasións especiais, como por exemplo, o día da Muller Rural, no que sempre intentamos facer algunha actividade, o Nadal, onde normalmente facemos unha comida con todas as socias ou cando rematamos algún obradoiro que realizamos unha festa de despedida.

Elaboración dos sapos da Limia para o programa "Estache bo" da TVG

Dinamización do rural

Nalgunha ocasión, tamén intentamos que nos acompañen a estas celebracións as familias das nosas socias, ou outros veciños/as do pobo, co obxectivo de favorecer as relacións interpersoais, crear rede e sobre todo, desfrutar dun momento agradable xuntos/as rodeados de música e outras actividades culturais.

Xuntanza na Arca da Noe

Ven a formar parte deste mundo!