"No corazón rural de Galicia, as mulleres son as verdadeiras gardiáns da terra e da tradición, tecendo o futuro coa mesma forza e resistencia coa que traballan os campos. O feminismo rural galego é a voz que se alza para recoñecer e celebrar o poder destas mulleres, que, silenciosa e incansablemente, configuran o presente e o futuro, desafiando estereotipos e rompendo barreiras son as que manteñen viva a alma de Galicia, e o feminismo é a chama que ilumina e amplifica a súa contribución esencial á sociedade."
Somos unha organización de natureza asociativa, sen ánimo de lucro, que está composta por mulleres rurais do concello de Vilar de Santos e de algúns concellos limítrofes como son o de Rairiz de Veiga e o de Sandiás.
Visibilización e empoderamento da muller rural co obxectivo de alcanzar a igualdade real de oportunidades.
Contribuír á mellora da calidade de vida das mulleres do rural e á igualdade de oportunidades en todos os ámbitos, así como, recuperar e conservar o patrimonio cultural da zona.
Compromiso, sororidade, respecto, tolerancia, igualdade.
Promover a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento das mulleres rurais en tódolos ámbitos.
Mellorar o benestar social e a calidade de vida das mulleres no medio rural e das súas familias.
Promover a defensa, conservación e o mantemento do patrimonio e dos bens culturais no medio rural.
Promoción, educación, fomento e protección do medio ambiente.
Dinamizar o tempo de lecer no medio rural con distintas actividades culturais.
Promover o asociacionismo feminino e a sororidade no medio rural.
A Arracada da nome a unha xoia vinculada a época castrexa, completamente de ouro, que se penduraba da orella como enfeite persoal para mostrar poder e riqueza. Esta xoia, foi descuberta casualmente no ano 1924, por un veciño de Vilar de Santos que a atopou enterrada nunha das súas leiras, en Albariño. Crese que data do século III ou II a. C. polo que posúe un gran valor.
A peza orixinal foi entregada ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, mentres que no Museo Etnográfico da Limia (localizado en Vilar de Santos) se exhibe unha reprodución desta. Despois do curioso descubrimento, a Arracada converteuse nun símbolo de identidade do concello de Vilar de Santos e da súa veciñanza, e é por iso, que a nosa asociación leva o seu nome.
A asociación da Arracada creouse no ano 2003 como un medio para combater as necesidades que presentaba a poboación feminina de Vilar de Santos. É evidente que as aldeas están cada vez menos poboadas, o que se resume en menos servizos e menos oportunidades para a poboación. Se a iso lle sumamos as desigualdades sociais, laborais e económicas que aínda se seguen dando entre homes e mulleres, a situación do sector feminino no rural pódese tornar mais difícil que nas áreas urbanas.
Por iso, dende o comezo desta entidade, sempre se pretendeu mellorar as situacións das mulleres que viven en zonas rurais, brindándolles oportunidades formativas, información e orientación laboral, creando un espazo de seguridade onde acudir ante situacións de violencia de xénero ou axudándolles a crear unha rede de apoio entre as demais mulleres da zona.
Actualmente, seguimos mantendo estas accións, sen embargo, a nosa actividade está moi ligada as demandas das nosas socias, polo que nos centramos especialmente en favorecer as actividdades artísticas e de ocio coa intención de mellorar a súa calidade de vida e contribuír a un aumento das relacións interpersoais, xa que moitas delas son persoas maiores que viven soas, en aldeas cada vez menos poboadas.
Aquí podes atopar algunhas das diversas actividades que desempeñamos!
Mensaxes agarimosas da nosa xente!
A associação de mulheres rurais da Arracada é um necessário ponto de encontro e convívio, contribuindo para um maior desenvolvimento em nosso contexto rural.
Como Federación á que pertence esta asociación, para nós é un verdadeiro privilexio contar con mulleres tan activas, reivindicativas e loitadoras. Traballan arreo en prol da igualdade e sempre están buscando maneiras de mellorar o seu entorno.
Para o Museo da Limia, é un honor contar coas mulleres da Arracada para levar a cabo as demostracións do liño. Grazas a elas, a nosa historia segue viva.
A Asociación de MM.RR Arracada supón para a veciñanza de Vilar de Santos un dos maiores axentes socializadores e dinamizadores polo que dende o Concello sempre estamos abertos a colaborar nas actividades que desenvolven.
Para Lumecú ter a Asociación de Mulleres Rurais Arracada no lugar que está a medrar, supón un coñecemento de sabedoría da Matria galega, ao mesmo tempo que se crean encontros fermosos para facer fincapé do valor que ten o noso rural.
Estou moi contenta de ser socia da Arracada, crean puntos de encontro onde atoparnos todas as veciñas.
As mulleres ao frente
As figuras por trás da Arracada.
Secretária
Presidenta
Tesoureira
Ponte en contacto facendo clic no botón de abaixo e envíanos a túa mensaxe!
A presenza da Arracada nos medios
Coa intención de que os produtores da comarca deran a coñecer as distintas iniciativas nas que participaban, A Arca da Noe puña en marcha fai unha década este día de mercado, que foi medrando hasta converterse nunha xornada festiva sinalada nos almanaques da Limia, e foi sumando colaboradores para aportar matices á súa décima edición. A continuación, atópase unha entrevista realizada pola Radio Ourense, Cadena Ser á nosa secetária, Raquel Coello, sobre a participación da Arracada no X Mercado de Producto Local de Vilar de Santos.
Saber maisA Asociación de Mulleres Rurais de Vilar de Santos, Arracada, está somerxida de cheo nas tarefas de recuperación do proceso tradicional do liño. Así, mais de 20 mulleres da asociación participaron onte no “arrigado” e “ripado” do liño, como continuación ao proceso de sementado que previamente realizaron no mes de maio, nunha leira da praza de Carballedo, cedida para esta finalidade polo Concello de Vilar de Santos.
Saber maisA Eirada foi unha asociación previa á nosa que tratou de recuperar o proceso tradicional do liño para facer demostracións. Hoxe, algunhas das mulleres que a compuñan continúan na Arracada, axudándonos a conservando esta tradición. A continuación, atópase un vídeo documental realizado por elas onde se explican os diferentes pasos do procedo do liño.
Saber mais