O Apalpador

Figura tradicional do nadal galego. Trátase dun home que vive nas montañas de Lugo e que na noite vella ven apalpar a barriga das crianzas para ver se comeron ben. Normalmente déixalles un puñado de castañas como agasallo, por ser un froito típico da época.

O Papá Noel

Antigamente en Galicia non existía esta figura do nadal, sen embargo, na actualidade converteuse nunha das mais relevantes e representativas destas datas.

Os Reis Magos

Debido as crenzas cristiás os Reis Magos están moi presentes no nadal galego. Antigamente era moi común que as crianzas foran cantar os reis as casas próximas a cambio de un pequeno agasallo como uns chourizos.


Decorando o concello

Fai uns anos, a asociación comezou a colaborar co concello de Vilar de Santos na elaboración da decoración de Nadal. Realizamos adornos moi diversos, sempre intentando aproveitar materiais que todos temos por a casa como madeira, teas vellas, cartón, etc. Ademais, tamén reutilizamos materiais como envases de plástico ou incluso pneumáticos de rodas, coa intención de darlles unha segunda vida e contribuír, dalgún xeito, ao coidado do medio ambiente. Todos estes adornos son colocados posteriormente nos pobos do concello para que os veciños/as poidan desfrutar deles. Ademais, esta actividade tamén pretende ser un incentivo para que a veciñanza se anime a decorar as súas casas e dar un pouco de vida as aldeas, que cada vez están mais despoboadas.

Todos estes adornos son colocados posteriormente nos pobos do concello para que os veciños/as poidan desfrutar deles. Ademais, esta actividade tamén pretende ser un incentivo para que a veciñanza se anime a decorar as súas casas e dar un pouco de vida as aldeas, que cada vez están mais despoboadas.

Mulleres pintando a casa do Apalpador

Traballando en equipo

As actividades que levamos a cabo son moi variadas, pintura, manualidades, bricolaxe... Realizamos árbores de nadal, adornos personalizados, tamén bonecos de neve, pintamos e decoramos a casa do Apalpador e até fixemos un nacemento completo con troncos de madeira. Todas estas actividades son realizadas en conxunto co Centro de día e coa Escola Infantil de Vilar de Santos. Normalmente, traballamos nos adornos de xeito individual, para que cada quen poida seguir o seu propio ritmo, e posteriormente reunímonos para completar a decoración. Dende o noso punto de vista, cremos que esta cooperación é moi positiva para todos os participantes xa que contribúe á creación de comunidade e favorece as relacións interxeracionais.

Bonecos de neve feitos con material reciclable

Unha colaboración con Brasil

No 2024 levamos a cabo unha actividade moi especial polo Nadal, participamos nun Proxecto de Cooperación Internacional entre Galicia e Brasil, chamado Nadais Entrelaçados, que foi creado por Pedro Neto (pertencente á asociación de mulleres Entrelaçadas, São Paulo) e Raquel Coello (presidenta da Asociación de Mulleres Rurais a Arracada , Vilar de Santos). Colaboramos coa asociación de mulleres, as Entrelaçadas, ubicada en Bananal (Brasil), a cal levaba 4 anos decorando as árbores da súa cidade con adornos de ganchillo para facer mais alegre o Nadal. A Arracada decidiu sumarse a esta iniciativa elaborando unha árbore de ganchillo que se colocou na praza do concello de Vilar de Santos. A maiores, tanto nós como as Entrelaçadas, decidimos facer unha representación da nosa unión engadindo nas nosas árbores, unhas bandeiras de Galicia e outra de Brasil, ambas feitas de ganchillo. Con este proxecto pretendemos fortalecer e dar valor á unión e á cooperación entre mulleres, contribuír a unha maior dinamización do rural e participar, dun xeito especial, na decoración de nadal do noso pobo.

Árbores elaboradas por as mulleres de Entrelaçadas e da Arracada

Ven a formar parte deste mundo!