Descubrimos
As actividades que realizamos permítennos descubrir os nosos talentos e expresar libremente todo aquelo que levamos dentro, facendo que cada peza sexa única.
Compartimos
As nosas aulas son espazos para compartir experiencias, contar historias, recibir e dar consellos e crear unha rede de apoio entre todas as participantes, formando así, unha gran comunidade.
Merendamos
Por suposto, nas nosas clases tamén temos un momento de descanso no que aproveitamos para tomar o café todas xuntas, botar uns contos e unhas risas.
Diferentes Actividades
Dende a Arracada, sempre tentamos seguir as peticións das nosas socias a hora de ofertar as distintas actividades. Por iso nos centramos moito nas actividades manuais, xa que soen ser de gran interese para as participantes. Ata o momento, realizamos talleres dunha gran variedade, como por exemplo, un obradoiro de arte en barro, aprendemos a bordar e a pintar en tea, fixemos xoais de macramé, tamén fixemos algo de costura, xa que realizamos varios disfraces para posteriormente por no entroido. A maiores, tamén tivemos clases de pintura, unha das actividades mais demandadas até o de agora. Nestas clases aprendemos técnicas básicas de pintura en óleo, onde cada unha das mulleres pintou varios cadros, e tamén de pintura en cristal, para decoración de garrafóns, botes, botellas, etc. Ademais tivemos a sorte de contar con unha pintora profesional para impartir as clases polo que foi unha experiencia incrible.
Obradoiro de Macramé
Nesta fotografía podemos ver a unha das nosas socias facendo dúas pulseiras durante un obradoiro de macramé. Este obradoiro centrouse na realización de diversas xoias como pendentes, colgantes e pulseiras, elaboradas tanto con fíos como con boliñas de diferentes cores e tamaños. É unha actividade que requiere de moita paciencia e atención cousa que as nosas mulleres teñen de sobra e por iso conseguiron facer verdadeiras obras de arte. Foi unha actividade que gustou moito e grazas a ela agora todas temos xoias súper bonitas para lucir nas festas e xuntanzas que realizamos!
Compartindo Saberes
Dende a directiva intentamos que a nosa asociación sexa un espazo para compartir e intercambiar coñecementos, polo que en moitas ocasións, son as propias socias as que imparten talleres sobre algunha temática que coñezan. Como exemplo disto, realizouse un obradoiro de decoración de testos, un de bordado con agulla máxica, un obradoiro de conservas de froitas, ou incluso un taller onde aprendemos como facer trampas para combater ás avésporas velutinas. Cremos que esta iniciativa é moi positiva xa que axuda a fortalecer os vínculos entre as socias e dalles a oportunidade de que os seus talentos sexan mostrados e valorados. A maiores, contamos con algunhas socias de outras comunidades ou países, polo que estas actividades son ideais para aprender outras costumes, comidas, artes, etc. e favorecer o intercambio cultural e a inclusión.